Wednesday 08 de May de 2024

Os atletas do Concello de Frades conseguen vinte medallas na I Liga de Atletismo da Mancomunidade de Ordes


Os atletas do Concello de Frades conseguiron vinte medallas (10 ouros, 7 pratas e 3 bronces) na I Liga de Atletismo da Mancomunidade de Ordes, disputada durante os sábados do pasado mes de novembro nas pistas de atletismo de Vista Alegre (Ordes). O esforzo e traballo dos trinta atletas fradenses que tomaron parte nesta competición fixeron que Frades conseguira un máis que meritorio cuarto posto no medalleiro final da competición.

Na I Liga de Atletismo da Mancomunidade de Ordes tomaron parte atletas dos sete concellos da comarca. A clasificación final deixou no primeiro lugar ao Concello de Ordes (41 ouros, 40 pratas e 31 bronces), seguido por Trazo (14 ouros, 11 pratas e 6 bronces) e Cerceda (13 ouros, 8 pratas e 9 bronces). Frades ocupou un cuarto posto por diante de Mesía (4 outros, 2 pratas e 2 bronces), Tordoia (3 ouros, 9 pratas e 8 bronces) e Oroso (0 ouros, 1 prata e 4 bronces).